O Colectivo Alén foi un dos grupos poéticos da literatura galega que naceu a finais da década de 1970 co propósito de renovar a poesía galega, xunto a outros como Cravo Fondo ou Rompente. Os seus membros eran Miguel Anxo Mato Fondo, Xosé Ramón Pena e Francisco Salinas Portugal, todos eles escritores coa súa propia produción independente mais unidos como conxunto na súa obra colectiva, Alén. Os tres eran estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que contaron co apoio do seu profesor Ricardo Carvalho Calero, autor do limiar do libro Alén que dá nome ao grupo. O poemario foi publicado por Follas Novas na súa colección Lumeiro, e nel se recolle a produción poética do grupo.As principais influencias son:
A pesar da súa intención de renovación o colectivo emprega formas e temas de autores da tradición anterior. Así, Xosé Ramón Pena está influido pola crítica do home e da vida de Curros Enríquez. Segundo escribe Carvalho Calero: “Acho en Xosé Ramón Pena umha enerxía, umha violencia que non raro semelha convulsión vindicativa frente a un presente que se nega. Mais semelha-me que ese dramatismo esistencial, esa ironía, ese sarcasmo levan umha cárrega de paixón humana que no fundo respondea umha posición máis radical, menos serva do tempo histórico --aínda que hayaa el referencias sobexamente esplícitas-- e máis vencelhada a umha crítica do home, a umha crítica da vida.
Fuente: https://gl.wikipedia.org/wiki/Colectivo_Al%C3%A9n
Ningún comentario:
Publicar un comentario