venres, 28 de abril de 2017

Das boas

    O pasado mércores visitounos no colexio o escritor (e músico!) Pedro Feijoo Barreiro, xa que estivemos a ler un dos seus libros no clube de lectura, "Os fillos do mar". Esto foi grazas ao esforzo que realiza Lupe sempre coas súas actividades, chegándo a traernos tamen a Manolo Rivas o trimestre pasado, dende aquí, graziñas!

      A charla foi moi cercana e interesante, en todo momento empregaba unha linguaxe sinxela e temas de interese, non filosóficos que se iban totalmente do tema... De feito, o seu "discurso" (que en ningún momento foi un "botar o rollo") chegou a causar en más de unha ocasión a risa entre os que estábamos na biblioteca do colexio.

      Sin dúbida foi unha gran experiencia, a pesar de que eu pasei vergoña tras ser sinalado por Lupe como un "afeccionado" ao seu ex-grupo, Lamatumba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario