domingo, 2 de abril de 2017

NO(n as vin nunca)MIG

    Un dos principais tópicos da sociolingüística é as NOMIG, e tanto tempo levamos vendoas xa vai sendo hora de asentar ben os conceptos.

     A elaboración das normas fíxose atendendo aos seguintes principios:

  • A proximidade entre a lingua escrita e a lingua oral popular ha de ser máxima, para ser continuadora da lingua viva, pero tamén ten que depurar as interferencias producidas pola presión do español.
  • O galego normativo ten que servir para a expresión de todas as persoas en todos os usos comunicativos e por tanto ha de ser supradialectal e representativo da diversidade dos falantes.
  • A lingua moderna debe enraizar coa tradición escrita antiga e recente e debe dar preferencia ás formas tradicionais en detrimento das innovadoras.
  • As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, que é considerado recurso fundamental para o léxico culto.

Fonte: Libro de galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario