martes, 18 de outubro de 2016

Opresom

    Algo destacábel da asignatura de galego é que na teoría da materia atopamos dous bloques centrais: a literatura e a sociolingüística. Hoxe centrarémonos na parte de lingua e sociedade, e xa consultaremos o eido literario noutra ocasión.
    Un punto importante nunha lingoa, e sobre todo na nosa é a existencia dunha variedade estándar e normativización lingüística. Neste aspecto destaca Ricardo Carbalho Calero (non, o defensa ex do Madrid non), que distingue tres fases no proceso de estandarización da lingoa galega baseándose no dialectalismo, interdialectalismo e supradialectalismo, relacionada coas actitudes dos escritores. A pesar de que esto pode chegar a ser moi extenso e interesante pasaremos a outro aspecto.
    O máis interesante no campo da normativa galega é o "Galego enxebrizante", que buscaba o maior alonxamento co castelán, empregando:


    Resultado de imagen de lusismo
  • Arcaísmos: son evocacións á gramática da lingoa no pasado e ao seu vocabulario, moitos escritores ata o ano 1936 (sobretodo)  empregaron estes termos. Por exemplo: As vegadas. 
  • Lusismos: lusismo é unha corrente reintegracionista que defende que en Galiza se fala portugués, o chamado portugués de Galiza. O reintegracionismo é unha corrente lingüística, cultural e social que sostén que galego e portugués son parte do mesmo diasistema lingüístico, coñecido como diasistema galego-portugués, que actualmente ten dous patróns, o funcionario en Portugal e os países de lingua portuguesa de África (PALOP) e a vixente no Brasil, que quere engadir outra galega.  
  • Hipergaleguismos: Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos son vocábulos creados en galego como consecuencia da aplicación inaxeitada de regras de analoxía co castelán. Este tipo de creacións, que nacen do afán diferencialista con respecto ó castelán, son rexeitadas pola norma.
Un claro exemplo de emprego de todos estes aspectos o encontramos no memorable: "O Xurxo".

Resultado de imagen de o xurxo

Ningún comentario:

Publicar un comentario